O mércores, 23 de maio, o grupo "Núcleo duro", formado por Nuria Vil, Marcia Vázquez e Charles Rapante, combinando poesía, danza e música, presentáronnos unha performance titulada "Espiral do silencio".
A teoría da "Espiral do silencio" xorde nos anos setenta da man da politóloga alemá Elisabeth Noelle-Neumann para explicar o modo en que a opinión pública e os medios de masas manipulan as persoas e a súa opinión.
O temor natural ao illamento xera a necesidade de sondar as opinións máis aceptadas na sociedade para achegarse a elas, copialas e reproducilas sen crítica nin reflexión.
A espiral é a figura que se debuxa a medida que as persoas con posicións minoritarias son silenciadas e as opinións percibidas como maioritarias vólvense dominantes.
Existe o chamado "núcleo duro". Aqueles individuos da sociedade que malia seren sometidos a presións, reafirman e persisten nas súas opinións
Ningún comentario:
Publicar un comentario