Información para usuarios

A nosa biblioteca está integrada no programa Meiga.

Podedes acceder á biblioteca dende a vosa casa ou dende calquera sitio no que teñades acceso a internet. Clicade na pestana co título “Bilioteca do IES de Beade”. Neste sitio podedes consultar os fondos da biblioteca por título, autor, ISBN, etc. Así podedes saber si está o libro que necesitades, os libros que hai de determiñado autor, etc., no apartado de búsqueda correspondente. 

  • Se vades buscar por autor lembrade que tedes que escribir primeiro o apelido e logo o nome.
  • Se queredes buscar un título escribídeo sen o artigo inicial se o ten. Se ten preposición sí que tedes que escribila en primeiro lugar.
  • Se buscades por ISBN (nº na contraportada do  interior do libro que o identifica) non vos esquecedes de escribir os guións.


Podedes facer comentarios, recomendar a compra de libros, películas, etc.
Observade que nos diferentes gadgets tedes enlaces de sitios interesantes relacionados cos libros e a lectura en xeral.


Esperamos ir mellorando pouco a pouco para que a biblioteca vos sexa máis útil cada vez.


NA BIBLIOTECA...


A C.D.U ou Clasificación Decimal Universal é un sistema que se artellou co fin de unificar criterios á hora de clasificar os libros por área ou materias. Os libros da nosa biblioteca xa estaban polo xeral colocados nos andeis seguindo esta clasificación numérica. 

Durante o presente curso empezamos a aplicar nas signaturas (os datos que aparecen na pegatina do lombo do libro, o texuelo), que serven para colocalos  nos andeis, un sistema máis acorde coa C.D.U. seguindo de xeito moi sinxelo a clasificación simplificada  para as  Bibliotecas Escolares de Galicia.

Aquí tedes unha imaxe do Cartel da C.D.U. simplificada:


Lembrade que nos andeis sempre están colocados os libros segundo o número máis AS TRES PRIMEIRAS LETRAS DO APELIDO DO AUTOR EN MAIÚSCULAS. Nos libros novos que teñen a signatura actualizada aparecen tamén as tres primeiras letras do título sen artigos e en minúsculas.

Xa coñecereces o cambio de ubicación de libros que fixemos. Intentamos tamén que a  colocación dos libros de literatura xuvenil estivese dun xeito máis apropiado para o grupo de idade d@s lector@s.

É mellor non recolocar o libro no seu lugar cando o devolvedes; deixádeo na mesa onde se  realiza o empréstito para que se coloque  de xeito apropiado e sempre estea localizado.

Non collades un libro sen notificalo pois hai que telo localizado en todo momento. Pensade en como reaccionariades vos se quiserades un libro e non se poidera localizar. Se nese momento non está @ bibliotecari@ pero sí @ profe de garda, enchede os papeliños que están na mesa de empréstitos poñendo o nº de rexistro do libro e o voso nº de lector. Se non hai ninguén tedes que coller o libro noutro momento. Na porta da Biblioteca está o horario coas horas nas que está aberta.



Descarga a GUÍA DE USO da nosa biblioteca pinchando AQUÍ.


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Esa afirmación es un poco falsa. Un lector vive mas de mil vidas..

Anónimo dixo...

Un lector no vive mil midas, vive tantas como libros ha leído antes de su muerte