14/12/13

Cartel Bibliotecas Escolares




Este curso, o cartel das Bibliotecas Escolares de Galicia , ilustrado por Paloma Castelao, alude á importancia da divulgación científica e, por conseguinte, ao  papel que debe xogar a Biblioteca do Centro na adquisición e divulgación de documentos. 

Na nosa biblioteca podedes atopar materiais referentes a temas relacionados coas ciencias de diversos niveis. Este trimestre ademais temos novidades neste senso. 

Animádevos e vinde a ver as novas adquisicións.  

18/09/13

Un novo curso




E aquí estamos. Lanzados outra vez á aventura de facer que os libros sexan unha parte importante da vosa vida.





Xa tedes aberta a biblioteca. Esperamos que disfrutedes deste espazo tranquilo durante os recreos. Lembrade que podedes pedir libros para a vosa familia co voso nº de expediente.

¡Sorte e benvidos!




10/06/13

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Na columna dos enlaces clicade no de NOVIDADES BIBLIOTECA. Veredes a lista de libros recentes que, como xa sabedes, poden ser prestados a calquera membro da familia co voso número de expediente.

ANIMÁDEVOS!!!!



04/06/13

Razóns para ler






Clica no enlace de  abaixo e verás esas razóns:

05/05/13

Día do LIbro 2013


Ola de novo! Outro ano máis celebramos no noso Instituto o Día do Libro. Aquí tedes algunhas das cousas que fixemos:




 - Libros orfos buscan fogar: mesa de exposición de libros que non se len nos fogares e que buscan un novo dono. Trátase de poder levarse  un libro sempre que se traia outro para renovar a mesa. Os libros de Orientación, expurgados da Biblioteca, son gratuitos para o alumnado de Bacharelato que o desexe, pois informan das carreiras, facultades, saídas profesionais, tec.. Despois desta semana do libro a exposición e troco continuará na Biblioteca ata final de curso.

- Exposición de marcapáxinas solidarios para a fundación Save The Children. Foron realizados polos alumnos de 1º, 3º e 4º da E.S.O. e vendéronse a 50 cts. cada un. Recaudáronse 46€ que se ingresaron na conta da O.N.G. 

Exposición das novidades mercadas para aumentar a dotación da Biblioteca. Esta vez apostouse polo mundo da banda deseñada nacional e internacional, na procura de autores e títulos de culto facilitados polo Servizo de Bibliotecas do Cefore.

Tanto no troco como na venda e exposición, feitos durante os recreos, contamos coa axuda do alumnado de 1º da E.S.O., membros do Clube de Lectura (Clubelé) neste ano académico 2012/2013.


SE CLICAS NO ENLACE VERÁS ALGUNHAS FOTOS DOS DIFERENTES ACTOS.

Fotos do Día do LIbro 2013


¡¡GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!