16/06/26

PETISCOS LITERARIOS

Estes foron os maiores éxitos dos Petiscos literarios deste curso do persoal traballador do IES. Aínda estades a tempo de levar algún deles para as lecturas fresquiñas do verán 2026!😎🌞

 




 

 

HORAS DE LER DO MES DE XUÑO

 Recordade...


 

RETO LECTOR CONSEGUIDO!

 "Ler é soñar cos ollos abertos." (Borges) Nunca deixedes de soñar!


 

 

CLUB DE LECTURA

 

Equipazo no Club de Lectura das traballadoras do IES. 💜 Falamos sobre a obra "Asasinato na casa rosa" de Arantza Portabales. 

Que maarabilla estas xuntanzas nas que facemos comunidade. 💝 

28/05/26

TARDE DE LIBRARÍAS

 O martes 26 de maio fixemos no club de lecturas unha tarde de librarías. 👏👏


 

FEIRA DE PROXECTOS

 Hoxe celebrouse no IES a "Feira de proxectos" e aí estivo a biblio co seu proxecto "Lembranzas e mudanzas". Moitas grazas a todas as persoas colaboradoras! 💞
Este traballo compleméntase co museo virtual. Non deixedes de visitalo. 
 






 

ENFERMIDADES LITERARIAS

👀👀 Exposición de enfermidades literarias con información ben curiosa. Vinde botarlle un ollo no corredor da biblio! 👀👀


 

 


 

LETRAS GALEGAS 2026

💜💜 No tear de Begoña Caamaño, no Día das Letras Galegas 2026. 💜💜






 

17/05/26

Recorda!

 


Semana das letras

Para celebrar a festa das letras contamos coa escritora Raquel Castro e o escritor Antón Riveiro Coello. 

Ademais de falarmos da súa obra, Raquel deunos unha "masterclass" de teatro.

Antón falounos de literatura e creación. 

Moitas grazas por vir!









 

"Punto de araña"

 No club de lectura de adultas puxemos en común as nosas impresións sobre o libro de Nerea Pallares "Punto de araña".

E Leire agasallounos un chaveiro do Festival de Cans que lucimos encantadas.

Compañía e petiscos inmellorables! 💗💗




 

"Cartas de amor a un hijo que no me ama."

 O 6 de maio o alumnado de 3º ESO tivo a sorte de intercambiar impresións sobre o libro "Cartas de amor a un hijo que no me ama" coa escritora Viki Estévez e a ilustradora Ana Seoane.

Moitas grazas pola visita.



 

Reciclaxe ♻

Hoxe, 5 de maio, tocou reciclar andéis para a biblio. ♻ 



 

 

3º ESO en Celanova e as temas de Outariz

 Visitamos o mosteiro, a biblioteca do IES e a casa de Curros enriquez. Para rematar, remollámonos nas termas quentiñas.

 








 

Lectura no CEIP Otero Pedraio

 O 27 de abril tocou @ceipoteropedraio.vigo, e alá fomos cos nosos contiños.

Grazas ao alumnado de 3º e 4º PDC.

 




26/04/26

ALOUETTE MACHINE

Grazas á imprenta ambulante Alouette Machine por acompañarnos nesta homenaxe aos libros. 

Velaquí algúns dos incribles traballos realizados polo alumnado de 2º ESO.