21/10/09

Lecturas recomendadas


Estimados pais:

Dende o CLUBELÉ do instituto queremos recomendarlles unha serie de lecturas que, entre outras moitas, se atopan á súa disposición na Biblioteca. Poderán solicitalas a través dos seus fillos de acordo coas normas que rexen para o alumnado.


Preme no seguinte enlace para coñecer as lecturas recomendadas do CluBeLé
Lecturas recomendadas

14/10/09

Benvidos

BENVIDOS - BIENVENIDOS - WELCOME - ترحيب - BOA VINDA - BENVINGUTS - WILLKOMEN - BIENVENUE - BENVENUTTI

Benvidos á biblioteca e ó blog do IES BEADE neste novo curso que acaba de empezar!

Co desexo de crear un espazo para divulgar e compartir as experiencias do fascinante mundo da lectura, convidámosvos a todos a participar activamente nas novas aventuras que nos agardan nos libros e nas viaxes coa mente e coa imaxinación que vos propoñeremos facer.

Estade atentos ós taboleiros do CLUBELÉ, o noso club de lectura, porque moi pronto vos imos convocar á unha primeira reunión para decidir o que imos facer.

Ata pronto.