-O Martes
25 de Abril, foi o día que reanudamos as sesións do Club despois das
vacacións e a semana de excursións.
Quedábanos por celebrar a que declaramos
SEMANA DO LIBRO. Para este fin fixemos
no “Espazo Central”
unha EXPOSICIÓN DE
LIBROS: NOVAS ADQUISICIÓNS, que complementamos coa Exposición de
MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS, da que se encargaron as persoas integrantes
do CluBeLé por turnos nos recreos, para animar a todxs os que se achegaron
interesados a elixir os favoritos e contribuír coa recadación.
-O mes de Maio
o comezamos o día 9, lendo relatos curtos de Gustavo Duch. A proposta
tiña a intención de dar a coñecer a este escritor e activista comprometido con
causas sociais, ecolóxicas, etc, que ten publicados varios libriños pequenos,
publicados con atractivas e coidadas edicións. “Relatos de Mucha pequeña gente”. É un autor
catalán, que se move polo mundo como activista e escritor, que ten un estilo
que segue unha liña parecida á de Eduardo Galeano. Cadaquén leu en alto algún
relato e despois os comentamos, tentando aclarar aspectos descoñecidos e
promover que o alumnado coñeza certos aspectos das múltiples realidades que
vivimos.
-Asistimos ao Acto para celebrar as Letras Galegas, adicado a CARLOS CASARES,
o 16 de Maio a última hora da tarde
para 1º e 2º ESO, participando o CluBeLé.
-A última sesión do Club este curso, fixémola o 23 de Maio, coa intención de saír ao
exterior e ler baixo as fermosas árbores da nosa contorna, versos seleccionados
da Revista
LITORAL. EL ÁRBOL. POESÍA Y ARTE, un monográfico con belas
ilustracións e poemas de diversos autores e autoras de todos os tempos e
lugares. Pero como as condicións meteorolóxicas non o permitiron, fixemos unha sesión de
Balance do ano, na Biblioteca. Mostramos e falamos dos últimos libros
comprados polo Club, onde atrae o MANGA poderosamente, Ademais de aproveitala
para informar e preparar a documentación solicitada para asistir á X XORNADA DOS
CLUBS DE LECTURA, a celebrar en Santiago de Compostela o día 17 de xuño. Foron 8 as persoas interesadas
que se apuntaron.
-Por último, o martes 30 de Maio foi a EXPOSICIÓN DE
TRABALLOS POR PROXECTOS realizados ao longo do curso. E o martes
seguinte, día 6, quedamos todos a mediodía para celebrar, cunha COMIDA DE
CELEBRACIÓN, todo o feito por parte de todos os Clubs e do
profesorado e alumnado implicado que quedabamos a comer cada martes a mediodía,
e nos reuníamos entre 3 e 4’15, antes
das clases da tarde.
-Asistimos á X XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA, celebrada en
Santiago de Compostela o día 17 de xuño.
Foron 8 as persoas interesadas que se apuntaron, pero ao final só puideron ir 5, máis a Coordinadora do Club, Paula. Dicir que disfrutamos desta xornada e das
actividades programadas, pero o alumnado quedou un pouco decepcionado porque
non os colleron nos Obradoiros que solicitaran entre varias
preferencias. Para a lembranza queda unha xornada compartida con moita xente nova e o encontro con Ledicia Costas, que con moito gusto "somerxeuse connosco no submarino da lectura".
E engadir que queremos insistir en que a idea é moi boa, pero as
datas elixidas para estas xornadas en Xuño son nefastas, tanto para as
profesoras como para o alumnado. Deberían organizarse a finais de outubro para
comezar con folgos e compartir ideas no inicio de curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario