30/06/16

Visita de Anxo Fariña

CLUBELÉ DO IES BEADE
Xuño 2016

OS MEGATOXOS (Anxo Fariña)




O pasado martes día sete de xuño visitou o noso centro o escritor e debuxante Anxo Fariña, autor dos Megatoxos. Nunha charla moi distendida e interesante falounos das súas viaxes polo Xapón e os membros do club de lectura tiveron a oportunidade de preguntarlle sobre os heroes das súas historias.
A lectura que levabamos nesta ocasión eran os cinco libros dos Megatoxos, unha saga xuvenil galega. Os protagonistas son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo.
O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase.
Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...

Os libros da saga son:

Os Megatoxos e o aprendiz de druída









Moi ao noso pesar rematamos esta xuntanza (Anxo tiña moito máis por nos contar pero o tempo pasa ás présas) e desfrutamos dunha doce despedida das actividades do club de lectura por este ano, con bombóns e foto de grupo: