Amosando publicacións coa etiqueta O preguntón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O preguntón. Amosar todas as publicacións

01/12/10

Outra vez tras a pista.


Ola! Xa nos tedes aquí de novo, dispostos a intentar picar a vosa curiosidade. Deches coa solución do misterioso preguntón de música? Aínda que curtiño, non é moi doado que digamos. Investigade pois que seguro que ao final dades coa solución.
E, que me decides do de grego?
Ah! Enlazando co mundo clásico, na biblioteca tedes un libro precioso que chegou hai pouco:
Metamorfosis de Ovidio. Ilustrado por Alan Lee, ben coñecido por traballos como Ulises e, sobre todo, por The Lord of The Rings. Se vos gusta a mitoloxía clásica, é unha ocasión inmellorable para adentrarvos nela: o caos, os deuses, as loitas entre eles, heroes...

Que disfrutedes!



07/03/10

E xa están os premiados!


Tanto estar a voltas con Leonardo, a algúns se lles pegou iso do xenio e, se non, non tedes máis que mirar as puntuacións. Quen sabe se alguén de vos vaille coller tanto gusto a isto do saber que acabe sendo unha enciclopedia ambulante! Clica no enlace correspondente para ver os resultados.

NORABOA A TODOS POR PARTICIPAR E AOS PREMIADOS EN PARTICULAR!!!

19/01/10

Que músicos!! O das bolas e...polo monte. Solucións aos Preguntóns.

Ese compositor tan enrollado e tan considerado cos seus músicos do Preguntón da ESO foi JOSEPH HAYDN e a obra a Sinfonía n.º 45 en fa sostenido menor, Hoboken I/45, coñecida como Sinfonía de los adioses, composta en 1772.
Respecto do Preguntón de BAC., o diabólico músico que encantaba co seu violín fora NICCOLÒ PAGANINI, ao que JOSEPH GELINEK adicou o seu libro "EL VIOLIN DEL DIABLO" publicado por Plaza &Janes. Entre as citas que aparecen no principio do libro hai unha do mesmo Paganini: "No soy bien parecido, pero cuando las mujeres me escuchan tocar, se arrastran a mis pies." E parece ser que era certo.


Lembrades o problema das bolas que elaborou o Departamento de Matemáticas? Tiñades que averiguar o nº mínimo de pesadas que había que facer para nun grupo de nove bolas dar coa única con burato. Pois ben, para conseguilo hai que realizar UN MÍNIMO DE TRES PESADAS. É doado ver que se o nº de bolas é múltiplo de 3, unha soa pesada permite localizar a bola nun dos tres montóns A, B e C, necesitando cada caso 1/3 das canicas iniciais.
Comparando por exemplo A e B:
Se A>B, a canica furada está en B.
Se B>A, a canica furada está en A.
Se A=B, a canica furada está en C.

E o máxico monte de granito rosa considerado como morada dos deuses polos celtas, cunha historia chea de lendas, ritos e cultos paganos do preguntón do Departamento de Xeografía e Historia era o MONTE PINDO situado ás costas da praia de Carnota, nunha zona atacada frecuentemente polos vikingos durante a Idade Media.


Ah! E se queredes aumentar o voso saber matemático, lembrade que hai libros da materia no armario correspondente á área en cuestión e, se vos da por querer saber mas de lendas, mitoloxía, vikingos...e demais pois, xa xabedes: á biblioteca!

10/11/09

Solución ao Preguntón de outubro



NINGUÉN É ODISEO OU ULISES

Seguro que moitos coñecedes as aventuras de Odiseo, Ulises para os romanos, o protagonista da Odisea, esa obra fantástica e entretida coma un libro de aventuras, escrita polo poeta grego (heleno, como se chamaría a se mesmo) Homero.

Pois ben, unha desas aventuras é a que lle sucede a Odiseo máis aos seus homes co cíclope Polifemo, xigante dun só ollo que habita nunha cova da illa á que fóron parar. Despois de que Polifemo se comera a dous dos navegantes, Odiseo decide pasar a acción e, para levar a cabo o seu plan, dille que o seu nome é NINGUÉN. Entón...Ah!, xa está ben. Se queres seguir a continuación da historia busca na biblioteca, no armario de grego. Alí, a parte da obra íntegra, tes unhas moi boas adaptacións que se len fácilmente e que están profusamente ilustradas ( na da imaxe as ilustracións son de Alan Lee, o que ilustrou El Señor de los Anillos da editorial Minotauro). Tamén podes atopar información en internet con este enlace:


http://www.elhuevodechocolate.com/mitos/odisea1.htm

12/02/09

O preguntón: bases

  1. O concurso consistirá en responder unha ou dúas preguntas que cada mes presentarán os distintos departamentos do IES Beade.
  2. As preguntas versarán sobre temas relacionados coas materias que se estudan no Centro e terán sempre respostas breves e concisas.
  3. As preguntas, expostas no seu taboleiro do vestíbulo, deberán ser contestadas nun prazo que se determinará previamente.
  4. Poderán participar todos os alumnos matriculados no Centro durante o curso 2010/2011.
  5. Os participantes depositarán as súas respostas, xunto co seu nome e curso, na caixa da entrada do Centro.
  6. O xurado estará composto polo Xefe do Departamento correspondente e membros do Club Lector.
  7. Establécense un 1º, un 2º, e un 3º premios que se entregarán ao final do curso. Os gañadores serán os participantes que máis respostas teñan acertadas ao longo do curso; os socios do Clubelé obterán, ademais, dous bibliopuntos que se lles computarán no seu carné.