18/12/15

Un sistema solar para Cervantes


Como quizá saberedes, dende fai xa un par de décadas os astrónomos están atopando moitísimos planetas extrasolares, ou sexa, planetas que xiran entorno a outras estrelas. Polo de agora levan uns 2000 planetas.

Eses novos planetas recibían nomes científicos sen ningún significado, como HD 99109 b ou cousas así.

Neste ano a Unión Astronómica Internacional decidiu facer unha votación popular en todo o mundo para dar nomes propios a algúns deses planetas e as estrelas entorno as que xiran. Nomes que tiveran algún significado cultural ou mitolóxico, como fixeron as antigas civilizacións cando lle deron nome os planetas do noso sistema solar, ou as estrelas e constelacións mais brillantes.


Pois ben, a proposta do planetario de Pamplona de dar o nome de Cervantes a unha estrela e de Dulcinea, Rocinante, Quijote e Sancho aos catro planetas que xiran ao seu redor foi unha das gañadoras. E ademáis, das mais votadas a nivel mundial!

Aquí vos deixo unha imaxe e un vídeo (son recreacións artísticas con ordenador, non pensedes que é así como os miran os astrónomos...) da estrela e os seus catro planetas:




E un gráfico para que vexades o gran éxito da proposta cervantina:



Podedes atopar máis información en http://estrellacervantes.es/


09/12/15

Libros máis lidos no mes de Novembro



Maxía e fantasía: segunda entrega da triloxía Crónicas del mago negro 



Un mundo perigoso no que hai que loitar para sobrevivir. Unhas estrictas “regras de xogo” que un día rómpense...

 

 Thriller histórico: a convulsa vida da filósofa e matemática grega Hipatia, loitando por que a razón imperase nun mundo no que aumentaban os fanatismos e a xenofobia

 

 

 

















 





03/12/15

Culturgal en Pontevedra


Esta fin de semana celébrase en Pontevedra a Feria das empresas galegas adicadas á cultura. Cine, curtos, e por suposto, libros. Con actividades para todas as idades e intereses.




A entrada á Feira ten un prezo de 2 euros para persoas adultas e 1 euro para menores de 12 anos. Se o que che apetece é visitar a Feira en diferentes días, podes adquirir unha pulseira de 3 euros para entrar cando queiras e, se tes menos de 12 anos, por 2 euros. Menores de 3, de balde.
A Feira non pecha a mediodía: o horario é de 11:00 a 21:00 o venres 4 e o sábado 5 mentres que o domingo 6 pecha unha hora antes, ás 20:00 .

Pinchade aquí para acceder á páxina web co toda a información de cómo chegar, o programa de actividades, mapa de expositores... Por certo, que dende a páxina pode imprimirse un bono desconto do 30% para o billete de tren a Pontevedra. E aquí para o programa en formato pdf.

Neste outro enlace tedes as actividades da editorial Galaxia dentro da feria.




01/12/15

Encontro con Ledicia Costas do alumnado do Club de Lectura



Os alum@s do Clubelé disfrutaron hoxe 1 de decembro dun amigable encontro coa escritora e exalumna Ledicia Costas.

Ledicia respondeu a moreas de preguntas que as rapazas e rapaces do Club tiñan preparadas (ou improvisaron...) para ela. Sobre canto tarda en escribir un libro, sobre os seu libros preferidos cando era nena, sobre cando e qué empezou a escribir...

Escoitamos unha divertida anécdota sobre o gato da súa avoa que aparece no libro Escarlatina a cociñeira defunta; enterámonos de cales son os dous novos libros que está a punto de publicar; de que en Corazón de Xúpiter cambiou o final no último momento; negou terminantemente que ningún dos profesores que aparecen nos seus libros estea baseado nunha persoa real...

Ela tamén descubriu cousas dos rapaces do Clubelé: animou a seguir escribindo a aqueles que o fan, e deuse de conta do grandes lectores que son.

Déixovos aquí algúns documentos gráficos do encontro.














Ledicia falando dos temas dos seus primeiros libros e contos:



Negando que haxa profes do IES de Beade nos seus libros:


Sobre o final de Corazón de Xúpiter:





25/11/15

Entrega de premios do concurso "Deseña un extraterrestre"



Hoxe no 2º recreo entregamos os premios do concurso convocado pola Biblioteca, DESEÑA UN EXTRATERRESTRE. 

Na categoría PREMIO DO XURADO, a gañadora foi ANDREA CONDE VILLAR, co extraterretre Pourgreen (nº13).



O segundo premio foi para IRAILA FERNÁNDEZ COSTAS, co debuxo El rarito de los ponis  (nº64).






Na categoría de votación popular, o primeiro premio foi para SARA BELLO MODIA, polo debuxo Maki-Make (nº36)




O segundo premio das votacións foi para NOA COMESAÑA GONZÁLEZ, polo debuxo Gussy (nº89)



Ademais, o equipo da biblioteca elixiu ao alien GUSSY como mascota para a sección científica da biblioteca. 



PARABENS A TODAS AS PREMIADAS!

18/11/15

Semana da Ciencia na Biblioteca



Tradicionalmente o mes de Novembro é o mes adicado á Ciencia (por aquelo de San Alberte Magno, patrón dos científicos...) e por eso moitas actividades relacionadas coa ciencia se celebran neste mes (Como a exposición e concurso de proxectos científicos Galiciencia). 

Dende a Biblioteca do IES facemos o noso particula homenaxe á Ciencia en Galego cunha exposición das novidades relacionadas coa divulgación científica e a ciencia-ficción que podedes atopar na Biblioteca.

Ademais, en colaboración co departamento de Educación Plástica, organizamos o concurso DESEÑA UN EXTRATERRESTRE para alum@s de 1º e 3º da ESO.  Toda a comunidade educativa pode participar na votación popular do mércores 18 ao venres 20 para axudar ao xurado a elixir o alieníxena gañador, que se convertirá na mascota da sección científica da nosa biblioteca. 

Moita sorte a todas e todos!


ç









06/11/15

16/10/15

Nobel de literatura 2015



O premio  Nobel de literatura deste ano foi para unha periodista e escritora bielorrusa, Svetalana Alexievich. A súa obra é practicamente descoñecida no noso país, pero podedes atopar información no panel do vestíbulo do IES feito por alumn@s de Literatura Universal de 1º de bacharelato:



























06/10/15

Noraboa a Ledicia Costas, a nosa antiga alumna

Ledicia Costas, antiga alumna do IES de Beade, ven de gañar o

 Premio Nacional de Literatura Xuvenil,
 polo seu último libro Escarlatina, a cociñeira defunta


Hoxe a a noticia e a súa foto aparecían no Faro de Vigo ou no El País


Dende a biblioteca do instituto queremos darlle a noraboa en nome de todo o centro, e darlle tamén as grazas por todas as veces (e serán máis) que nos ten visitado para falar cos alumnos e alumnas do IES dos seus libros.

Na biblioteca temos outros libros escritos por ela para público xuvenil como Recinto gris, O corazón de Xúpiter e Unha estrela no vento (que seica está ambientado no noso instituto).




Esperamos tela dentro de pouco outra vez por aquí!

14/05/15

Filgueira Valverde no Día das Letras Galegas



Aquí tedes dous enlaces que vos poden interesar. O primeiro é unha sinxela biografía. O segundo é a páxina da Fundación Filgueira Valverde que contén diversos materiais sobre o autor.


02/05/15

Ao redor do 23 de abril


Como vedes, grazas á colaboración do Departamento de Plástica e coincidindo coas datas adicadas ao LIBRO, temos nova sinalización para a biblioeca. Agora xa sabedes o camiño a seguir. Esperámosvos logo,  que ademais hai novidades en libros que  cremos vos poden  interesar.

Na Biblioteca,  estivo ata o día 30 a exposición "E TI QUE LES?".  Personaxes de moitos ámbitos da vida galega (escritores, músicos, deportistas...), nos explicaban a importancia que para eles tiveron determiñados libros. Grazas á profe Mar que trouxo os materiais e elaborou un tríptico para aqueles que quiseran facer unha actividade guiada.




Grazas tamén a todos os que participaron estes días no PHOTOCALL. En breves veredes as fotos cos vosos libros  preferidos.



Durante esta semana (e seguiremos ata esgotar existencias) estivemos axudando a Save The Children coa venda dos nosos Marcapáxinas Solidarios. Unha pequena aportación para esta O.N.G. que traballa para  paliar os graves problemas que teñen @s nen@s por todo o mundo. Inda podedes mercar algúns no posto de venda do vestíbulo.

                   





Grazas ao Clubelé pola súa colaboración no posto de INTERCAMBIO DE LIBROS ORFOS  e na venda de marcapáxinas.