Como quizá saberedes, dende fai xa un par de décadas os astrónomos están atopando moitísimos planetas extrasolares, ou sexa, planetas que xiran entorno a outras estrelas. Polo de agora levan uns 2000 planetas.
Eses novos planetas recibían nomes científicos sen ningún significado, como HD 99109 b ou cousas así.
Neste ano a Unión Astronómica Internacional decidiu facer unha votación popular en todo o mundo para dar nomes propios a algúns deses planetas e as estrelas entorno as que xiran. Nomes que tiveran algún significado cultural ou mitolóxico, como fixeron as antigas civilizacións cando lle deron nome os planetas do noso sistema solar, ou as estrelas e constelacións mais brillantes.
Pois ben, a proposta do planetario de Pamplona de dar o nome de Cervantes a unha estrela e de Dulcinea, Rocinante, Quijote e Sancho aos catro planetas que xiran ao seu redor foi unha das gañadoras. E ademáis, das mais votadas a nivel mundial!
Aquí vos deixo unha imaxe e un vídeo (son recreacións artísticas con ordenador, non pensedes que é así como os miran os astrónomos...) da estrela e os seus catro planetas:
E un gráfico para que vexades o gran éxito da proposta cervantina:
Ningún comentario:
Publicar un comentario