Dende a Biblioteca do IES facemos o noso particula homenaxe á Ciencia en Galego cunha exposición das novidades relacionadas coa divulgación científica e a ciencia-ficción que podedes atopar na Biblioteca.
Ademais, en colaboración co departamento de Educación Plástica, organizamos o concurso DESEÑA UN EXTRATERRESTRE para alum@s de 1º e 3º da ESO. Toda a comunidade educativa pode participar na votación popular do mércores 18 ao venres 20 para axudar ao xurado a elixir o alieníxena gañador, que se convertirá na mascota da sección científica da nosa biblioteca.
Moita sorte a todas e todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario