BO
AMOR
CALIGRAMAS
Dende
a Biblioteca
LEDICIA
COSTAS, queremos
invitarvos a imaxinar e crear CALIGRAMAS.
Un
caligrama é unha composición poética, frase, palabra ou texto que
adopta unha forma que alude ao seu contido, dispoñendo as palabras
de tal xeito que formen unha imaxe (poesía visual).
Pensamos
que sería ideal aplicar os caligramas a
unha temática tan típica do mes de febreiro e que tanto atrae á
mocidade: O
BO AMOR.
Non
temos máis que deixarnos inspirar por textos poéticos ou prosa
alusiva ao tema amoroso, para que aparezan imaxes suxestivas e
variadas, segundo a creatividade de cadaquén.
BASES
DO CONCURSO:
-Presentarase
un texto en forma de CALIGRAMA,
con liberdade de creación, de soporte e de extensión, relacionado
co tema do BO
AMOR.
-Empregarase
a lingua que se desexe, pero, en calquera caso,
cadaquén revisará o seu texto para evitar faltas de ortografía.
-Entregaranse
os traballos ao profesor/a que así o solicite para valorar na súa
materia, ou/e na biblioteca nos recreos.
-O
prazo terá como data
tope o venres 10 de Febreiro,
para poder montar con tempo a exposición no corredor.
-Entregaranse
os traballos co nome completo e grupo por detrás, e por diante un
pseudónimo e o número do nivel da ESO ao que pertence.
-Haberá
algún premio para os caligramas mellor valorados. O primeiro premio
consistirá nunha “Cea
romántica para dous”.
-Animádevos
a participar, pois contar coa vosa creatividade sempre enriquece e
está na base das actividades que tentamos dinamizar.
-Van
estes exemplos para orientarvos e que xurdan novas ideas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario