20/11/09

O Boletín Informativo da Biblioteca


Para que vos sexa máis doado acceder aos fondos da biblioteca, publicaremos  un boletíns informativos que, ademais de presentarvos os novos libros, vos informen sobre os fondos que haxa na biblioteca respecto dun tema en concreto. Como andamos metidos na literatura gótica, no primeiro Boletín tedes una selección de obras que podedes atopar na Biblioteca (algúns adquiríronse recentemente) sobre este tema. Buscade o Boletín na Biblioteca, no espazo adicado á lectura da entrada...e xa nos enlaces deste blog!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Páreceme estupendo o novo diseño da web da biblioteca e, ademais, a continua actualización dos contidos era algo que botaba en falta. Os meus parabéns a/as persoas encargadas da dinamización desta interesante páxina.

Anónimo dixo...

Paréceme unha moi boa idea, hoxe boteille unha ollada ao boletín, e paréceme bastante útil. Ten libros interesantes. Iso sí, hai un libro que non estou moi segura de que pertenza á literatura gótica: O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle, protagonizada polo coñecido Sherlock Holmes, é máis ben unha novela de misterio, ou policíaca, ¿non si?
Aínda así, repito que paréceme unha grande idea.

Deica outra!