18/09/13

Un novo curso




E aquí estamos. Lanzados outra vez á aventura de facer que os libros sexan unha parte importante da vosa vida.





Xa tedes aberta a biblioteca. Esperamos que disfrutedes deste espazo tranquilo durante os recreos. Lembrade que podedes pedir libros para a vosa familia co voso nº de expediente.

¡Sorte e benvidos!




10/06/13

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Na columna dos enlaces clicade no de NOVIDADES BIBLIOTECA. Veredes a lista de libros recentes que, como xa sabedes, poden ser prestados a calquera membro da familia co voso número de expediente.

ANIMÁDEVOS!!!!



04/06/13

Razóns para ler






Clica no enlace de  abaixo e verás esas razóns:

05/05/13

Día do LIbro 2013


Ola de novo! Outro ano máis celebramos no noso Instituto o Día do Libro. Aquí tedes algunhas das cousas que fixemos:




 - Libros orfos buscan fogar: mesa de exposición de libros que non se len nos fogares e que buscan un novo dono. Trátase de poder levarse  un libro sempre que se traia outro para renovar a mesa. Os libros de Orientación, expurgados da Biblioteca, son gratuitos para o alumnado de Bacharelato que o desexe, pois informan das carreiras, facultades, saídas profesionais, tec.. Despois desta semana do libro a exposición e troco continuará na Biblioteca ata final de curso.

- Exposición de marcapáxinas solidarios para a fundación Save The Children. Foron realizados polos alumnos de 1º, 3º e 4º da E.S.O. e vendéronse a 50 cts. cada un. Recaudáronse 46€ que se ingresaron na conta da O.N.G. 

Exposición das novidades mercadas para aumentar a dotación da Biblioteca. Esta vez apostouse polo mundo da banda deseñada nacional e internacional, na procura de autores e títulos de culto facilitados polo Servizo de Bibliotecas do Cefore.

Tanto no troco como na venda e exposición, feitos durante os recreos, contamos coa axuda do alumnado de 1º da E.S.O., membros do Clube de Lectura (Clubelé) neste ano académico 2012/2013.


SE CLICAS NO ENLACE VERÁS ALGUNHAS FOTOS DOS DIFERENTES ACTOS.

Fotos do Día do LIbro 2013


¡¡GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!


26/11/12

LER CON ARTE



Seguro que coñeces esta obra de Vermeer, pintor holandés do s. XVII,  "La joven de la perla". Tracy Chevalier escribiu en 1999 unha novela co mesmo nome, novela que logo fora levada ao cine. Ao longo da historia,  moitas veces a obra de arte e o pracer de ler adoitan ir unidos. 
Clica no enlace e verás algunhas imaxes testemuño desta unión:




04/06/12

No día do libro


Aquí tedes imaxes dalgunhas das actividades que fixemos. Un posto de libros orfos que buscaban dono, a colección de marcapáxinas  e os carteis sobre a relación especial que cada un pode establecer co libro. Tamén fixemos o préstamo das novidades (que non foron poucas!)
Lembrade que vos estamos esperando na Bilbioteca!
Ah! Se clicades no enlace  Escritores y libros veredes algunhas opinións  de escritores famosos.








17/01/12

Namórate con palabras





Estás dispost@ un ano máis a poñer por escrito o que che fai sentir quen ti sabes? Esperemos que sí. Clica no enlace e poderás coñecer as bases do concurso. Amosa, como outros anos, ese escritor ou esa escritora que levas dentro.