Este pasado venres 13 de febreiro foi o día mundial da radio. Que mellor xeito de festexalo que cun podcast sobre a situación da nosa lingua e da música en galego emitido, por suposto, dende a nosa biblioteca. 👅😀
21/02/26
11/02/26
SEMANA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Co gallo da semana da muller e da nena na ciencia a biblioteca organizou distintas actividades.
Pasade pola biblio, espéranvos interesantes e variadas lecturas sobre as mulleres na ciencia!
LUNS 9 DE FEBREIRO: PROFESORAS CIENTÍFICAS
Profesoras con distinta formación científica convertéronse en bibliotecas humanas e achegaron as súas expeciencias ao alumnado de 1º de bacharelato A e B.
Estaban tan cómodas charlando... e mesmo algunhas co pixama posto!😆
Grazas a todas 💜
MARTES 10 DE FEBREIRO: VISITA DAS INVESTIGADORAS MÓNICA MARTÍNEZ E UXÍA TERMENÓN
O martes visitáronnos Mónica Martínez e Uxía Termenón, investigadoras do Instituto de Investigacións Sanitarias Galicia Sur, participantes na Asociación Española de Investigación Contra o Cancro e antigas alumnas do noso centro.
Moitas grazas pola vosa aprotación sobre a muller galega na biomedicina.
MÉRCORES 11 DE FEBREIRO: VISITA DOUTRAS CIENTÍFICAS DA NOSA CONTORNA
O mércores o alumnado de 4º ESO achegouse á realidade doutras mulleres científicas da nosa contorna: Clara Almécija, que explicou como é o mundo da oceanografía, e as tres enxeñeiras de automoción que nos falaron do día a día do seu traballo.
Moitas grazas polo voso tempo e as vosas achegas. 💜
ROTEIRO CASTELAO E MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Un ano máis o alumnado de 4º ESO visitou, o mércores 7 de febreiro, a cidade de Pontevedra e afondou na figura do polifacético Casteao a través do Roteiro Castelao e a visita ao Museo Provincia de Pontevedra.
04/02/26
POLA CANDELORIA CASAN OS PAXARIÑOS
O club de ciencias e o club de lectura estivemos a facelles uns niños para os paxaros do instituto. Xa volos ensinaremos rematados, isto é só un adelanto. 😍
NON ESQUEZADES!
Horas de ler para este mes de febreiro. Non esquezades traer a vosa lectura!
Xa comezou a súa andaina reto letor deste ano. Os carnés xa se estrearon coa lectura do primeiro mes. Parabéns a todas as persoas que se animan a participar! 👏👏💜
ACTIVIDADES E MÁIS NA SEMANA DO 26 AO 30 DE XANEIRO
Esta semana o alumnado de 4º de ESO puido ver na sala Ártika "Non pasarán!", unha obra necesaria sobre resistencia e conciencia contra os totalitarismos. 💪💪
Ademais, tivemos un obradoiro de microcine para o alumnado de 3º ESO da man de @terraudiovisual. O resultado... próximamente en cines! 😉
E festexamos o día da ilustración. O alumnado puido elexir bandas deseñadas e libros ilustrados nos andeis da biblioteca, onde hai opcións para todos os gustos.
















































