Grazas a @terraudiovisual por esta interesantísima formación.
18/01/26
VISITA DA FACULTADE DE FILOLOXÍA E TRADUCIÓN
O alumnado de 1ºBac C visitou este venres a facultatade de Filoloxía e Tradución para coñecer as posibilidades académicas e profesionais dos estudos en Humanidades.
Subtitularon un anaco dun dos filmes da Guerra das Galaxias, interpretaron nas cabinas de interpretación simultánea e descubriron que se fai nun laboratorio de linguaxe e cognición.
A Universidade de Vigo agarda por vós!
TEATRO NA SALA ÁRTIKA
Un ano máis, o alumnado de 2º ESO visitou este mércores 14 de xaneiro a sala Ártika e estremeceuse coa peza "Mosca".
Grande actuación e interesante coloquio coas compoñentes de @artika.com.
14/01/26
OBRADOIRO DE DOBRAXE
Hoxe acompañounos @sondamianalonso no obradoiro de dobraxe para o alumnado de 4º ESO.
Puxémoslles voces aos coches de Cars e ao gato con botas entre outros.
Velaquí algunhas das imaxes do día.
12/01/26
E PASARON OS REIS MAGOS!
Cargadiños de libros: de misterio, de aventuras, de terror, de cociña, de tatuaxes, sobre series... 👏👏👏👏
























