Toca facer balance das actividades relacionadas co noso Club de Lectura ao longo deste 1º trimestre. Este curso somos unha vintena de almas, sobre todo de 1º e 2º ESO, as que nos xuntamos un martes si e outro non, a mediodía, para falar dos temas que nos interesan a través dos libros, do cinema, da música, ou de calquera medio idóneo para transmitir inquedanzas e impresións sobre o mundo que vivimos, sobre a realidade ou a ficción, que non é máis ca unha re-interpretación do real, e que acaban conformando a nosa cultura a partir desa faceta tan humana que chamamos creatividade.
-A nosa presentación foi o 18 de outubro, adicada a coñecérmonos, a escoitar a cadaquén falar dos seus gustos literarios e dos motivos da súa participación no CluBeLé.
-Tiñamos un programa trazado de antemán, pero como as vivencias cotiás ás veces son contundentes, na seguinte reunión do 8 de novembro, tivemos a necesidade de pararnos ante a figura de BOB DYLAN, que acababa de gañar o Premio Nobel de Literatura. Si, era a primeira vez que un músico, considerado poeta, era galardoado a este nivel. Así foi que escoitamos a súa música, as súas letras, e soubemos do máis salientable da súa vida e época...
-E como a música sempre ten un aquel de especial atractivo, decidimos seguir por esta vía e o 22 de novembro adicamos a sesión a achegarnos ao cuarteto POP máis popular e valorado da historia da música: THE BEATLES, claro!!
Hai grupos intemporais, e tamén, *s membros do noso Club, as novas xeracións, seguen a responder a uns ritmos que marcaron unha ruptura dende os anos 60 do S. XX. Cantamos e bailamos cunha selección dos mellores temas, aprezamos o fondo e a forma, e acabamos "Imaxinando" un mundo diferente da man, como non, do "Imagine" de Lennon.
Ensaio de Imaxine. Inglés e galego. Uxía e Gabriel. Xaneiro 2016. Afgradecemos ao IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas este enlace.
Ensaio de Imaxine. Inglés e galego. Uxía e Gabriel. Xaneiro 2016. Afgradecemos ao IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas este enlace.
-O 13 de decembro adicamos a sesión a programar o gran acontecemento no que iamos participar en especial o CluBeLé, que era a visita anunciada da escritora LEDICIA COSTAS, antiga alumna deste centro, a quen queriamos homenaxear concedendo o seu nome a nosa Biblioteca Escolar.
-E chegou o gran día, a tarde do marte 20 de decembro!
*O programa incluía unha primeira parte: a mediodía LEDICIA COSTAS estaría coas persoas integrantes do Club, para falar de Esmeraldina, a pequena defunta, pero tamén doutras tantas lecturas das súas variadas obras que uns e outros fomos lendo e comentando. Hai que dicir que a autora ten un don especial para conectar co público lector, e falar de anécdotas, do proceso de escritura, do oficio, do traballo que comporta inventar e construír historias e transformalas en aprezados libros.
*A segunda parte desenvolveuse no Salón de Actos, e foi compartida polo alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, onde fixemos a
O acto foi guiado con xusta solemnidade por Pablo, secretario do centro e profe de Plástica, quen fixo a entrega do agasallo da fermosa caixa que contiña as impresións de lectores e lectoras sobre os libros da escritora, e foi dando paso aos diferentes participantes: con bo acerto comezamos cunhas notas musicais da man dos irmáns Víctor e , destros en sacarlle ao violín as notas de Yan Tiersen ou dun tango de Carlos Gardel; Lara e Ainoha que acompañaron a nosa invitada e fixeron a súa presentación con moita soltura; a participación de alumnas e alumnos do CluBeLé e algúns máis, que -unha vez vencida a timidez- subiron a escena para comentar o que lles aportaron as variadas lecturas; e ao fin chegou o momento de mostrar a atractiva placa da BIBLIOTECA LEDICIA COSTAS, ante un público que compartíu a emoción coa escritora homenaxeada. Acabamos o acto coa consabida firma de exemplares e co achegamento lector*s-escritora. Deseguido quedou colocada sobre a porta de entrada da Biblioteca escolar a nova e relucinte placa. Só nos queda agradecer, unha vez máis, a Ledicia Costas a súa presenza, palabras e afecto.
HOMENAXE Á BIBLIOTECA LEDICIA COSTAS.