Como é tradicional, inaguramos as actividades da Biblioteca na semana da ciencia, a mediados de novembro.
Durante eses días temos exposto no vestíbulo do centro algúns dos exemplares relacionados coa ciencia que temos na nosa biblioteca:
CIENCIA FICCIÓN, NOVELA CIENTÍFICA, DIVULGACIÓN, EXPERIMENTOS CASEIROS...
Neste ano tiñamos como novidades destacadas os libros "´Matemáticas e Fútbol", e "Os tres primeiros minutos do Universo", un libro clásico que conta como empezou o Universo segundo a Teoría do Big-Bang
Se te interesan temas como a evolución, os buracos negros, ou queres averiguar que relación hai entre a ciencia e no cine, non dubides en pasarte pola Bilbioteca e preguntar ás bibliotecarias ou axudantes onde atopar eses libros...
Ademais, coa colaboración dos departamentos de Plástica e Ciencias Sociais fixemos unha Rosa dos Ventos, que quedará indefinidamente no vestíbulo do centro. Xa sabes, para que non perdas o Norte...