CLUBELÉ
DO IES BEADE
Xuño
2016
OS
MEGATOXOS (Anxo Fariña)
O pasado martes día sete de xuño visitou o noso centro o escritor e debuxante Anxo Fariña, autor dos Megatoxos. Nunha charla moi distendida e interesante falounos das súas viaxes polo Xapón e os membros do club de lectura tiveron a oportunidade de preguntarlle sobre os heroes das súas historias.
A
lectura que levabamos nesta ocasión eran os cinco libros dos
Megatoxos, unha saga xuvenil galega. Os protagonistas son catro mozos
que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre
vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa
mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi
especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade
de viaxar no espazo e no tempo.
O
día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se
coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas
muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común,
máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai
preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de
clase.
Estraños
poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro
mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos
seus antepasados, os celtas...
Os
libros da saga son:
Moi
ao noso pesar rematamos esta xuntanza (Anxo tiña moito máis por nos
contar pero o tempo pasa ás présas) e desfrutamos dunha doce
despedida das actividades do club de lectura por este ano, con
bombóns e foto de grupo: