18/12/15

Un sistema solar para Cervantes


Como quizá saberedes, dende fai xa un par de décadas os astrónomos están atopando moitísimos planetas extrasolares, ou sexa, planetas que xiran entorno a outras estrelas. Polo de agora levan uns 2000 planetas.

Eses novos planetas recibían nomes científicos sen ningún significado, como HD 99109 b ou cousas así.

Neste ano a Unión Astronómica Internacional decidiu facer unha votación popular en todo o mundo para dar nomes propios a algúns deses planetas e as estrelas entorno as que xiran. Nomes que tiveran algún significado cultural ou mitolóxico, como fixeron as antigas civilizacións cando lle deron nome os planetas do noso sistema solar, ou as estrelas e constelacións mais brillantes.


Pois ben, a proposta do planetario de Pamplona de dar o nome de Cervantes a unha estrela e de Dulcinea, Rocinante, Quijote e Sancho aos catro planetas que xiran ao seu redor foi unha das gañadoras. E ademáis, das mais votadas a nivel mundial!

Aquí vos deixo unha imaxe e un vídeo (son recreacións artísticas con ordenador, non pensedes que é así como os miran os astrónomos...) da estrela e os seus catro planetas:




E un gráfico para que vexades o gran éxito da proposta cervantina:



Podedes atopar máis información en http://estrellacervantes.es/


09/12/15

Libros máis lidos no mes de Novembro



Maxía e fantasía: segunda entrega da triloxía Crónicas del mago negro 



Un mundo perigoso no que hai que loitar para sobrevivir. Unhas estrictas “regras de xogo” que un día rómpense...

 

 Thriller histórico: a convulsa vida da filósofa e matemática grega Hipatia, loitando por que a razón imperase nun mundo no que aumentaban os fanatismos e a xenofobia

 

 

 

















 





03/12/15

Culturgal en Pontevedra


Esta fin de semana celébrase en Pontevedra a Feria das empresas galegas adicadas á cultura. Cine, curtos, e por suposto, libros. Con actividades para todas as idades e intereses.




A entrada á Feira ten un prezo de 2 euros para persoas adultas e 1 euro para menores de 12 anos. Se o que che apetece é visitar a Feira en diferentes días, podes adquirir unha pulseira de 3 euros para entrar cando queiras e, se tes menos de 12 anos, por 2 euros. Menores de 3, de balde.
A Feira non pecha a mediodía: o horario é de 11:00 a 21:00 o venres 4 e o sábado 5 mentres que o domingo 6 pecha unha hora antes, ás 20:00 .

Pinchade aquí para acceder á páxina web co toda a información de cómo chegar, o programa de actividades, mapa de expositores... Por certo, que dende a páxina pode imprimirse un bono desconto do 30% para o billete de tren a Pontevedra. E aquí para o programa en formato pdf.

Neste outro enlace tedes as actividades da editorial Galaxia dentro da feria.




01/12/15

Encontro con Ledicia Costas do alumnado do Club de Lectura



Os alum@s do Clubelé disfrutaron hoxe 1 de decembro dun amigable encontro coa escritora e exalumna Ledicia Costas.

Ledicia respondeu a moreas de preguntas que as rapazas e rapaces do Club tiñan preparadas (ou improvisaron...) para ela. Sobre canto tarda en escribir un libro, sobre os seu libros preferidos cando era nena, sobre cando e qué empezou a escribir...

Escoitamos unha divertida anécdota sobre o gato da súa avoa que aparece no libro Escarlatina a cociñeira defunta; enterámonos de cales son os dous novos libros que está a punto de publicar; de que en Corazón de Xúpiter cambiou o final no último momento; negou terminantemente que ningún dos profesores que aparecen nos seus libros estea baseado nunha persoa real...

Ela tamén descubriu cousas dos rapaces do Clubelé: animou a seguir escribindo a aqueles que o fan, e deuse de conta do grandes lectores que son.

Déixovos aquí algúns documentos gráficos do encontro.














Ledicia falando dos temas dos seus primeiros libros e contos:



Negando que haxa profes do IES de Beade nos seus libros:


Sobre o final de Corazón de Xúpiter: