O premio Nobel de literatura deste ano foi para unha periodista e escritora bielorrusa, Svetalana Alexievich. A súa obra é practicamente descoñecida no noso país, pero podedes atopar información no panel do vestíbulo do IES feito por alumn@s de Literatura Universal de 1º de bacharelato:
16/10/15
06/10/15
Noraboa a Ledicia Costas, a nosa antiga alumna
Ledicia Costas, antiga alumna do IES de Beade, ven de gañar o
Premio Nacional de Literatura Xuvenil,
polo seu último libro Escarlatina, a cociñeira defunta
Hoxe a a noticia e a súa foto aparecían no Faro de Vigo ou no El País
Dende a biblioteca do instituto queremos darlle a noraboa en nome de todo o centro, e darlle tamén as grazas por todas as veces (e serán máis) que nos ten visitado para falar cos alumnos e alumnas do IES dos seus libros.
Na biblioteca temos outros libros escritos por ela para público xuvenil como Recinto gris, O corazón de Xúpiter e Unha estrela no vento (que seica está ambientado no noso instituto).
Esperamos tela dentro de pouco outra vez por aquí!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)