Aquí tedes dous enlaces que vos poden interesar. O primeiro é unha sinxela biografía. O segundo é a páxina da Fundación Filgueira Valverde que contén diversos materiais sobre o autor.
14/05/15
02/05/15
Ao redor do 23 de abril
Como vedes, grazas á colaboración do Departamento de Plástica e coincidindo coas datas adicadas ao LIBRO, temos nova sinalización para a biblioeca. Agora xa sabedes o camiño a seguir. Esperámosvos logo, que ademais hai novidades en libros que cremos vos poden interesar.
Na Biblioteca, estivo ata o día 30 a exposición "E TI QUE LES?". Personaxes de moitos ámbitos da vida galega (escritores, músicos, deportistas...), nos explicaban a importancia que para eles tiveron determiñados libros. Grazas á profe Mar que trouxo os materiais e elaborou un tríptico para aqueles que quiseran facer unha actividade guiada.
Grazas tamén a todos os que participaron estes días no PHOTOCALL. En breves veredes as fotos cos vosos libros preferidos.
Durante esta semana (e seguiremos ata esgotar existencias) estivemos axudando a Save The Children coa venda dos nosos Marcapáxinas Solidarios. Unha pequena aportación para esta O.N.G. que traballa para paliar os graves problemas que teñen @s nen@s por todo o mundo. Inda podedes mercar algúns no posto de venda do vestíbulo.
Grazas ao Clubelé pola súa colaboración no posto de INTERCAMBIO DE LIBROS ORFOS e na venda de marcapáxinas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)