02/10/14

Biblioteca escolar...matemático!!!


David Pintor deseñou este curso o cartel divulgativo para as Bibliotecas Escolares de Galicia, dedicado ao mundo das matemáticas, como, en palabras do autor,  un pequeño homenaje al gran dibujante matemático M.C. Escher, con varios detalles para descubrir en el cartel... 
No panel do vestíbulo, na porta e no interior da biblioteca podedes ver o cartel.
Se clicades nos enlaces dos nomes dos autores, entraredes nos seus blogs.

A ver se vos animades a ser tamén descobridores...

SORTE NESTE NOVO CURSO!





01/07/14

O libro!


 
Agora xa tes tempo. Podes elixir o que facer no teu tempo de lecer. Esperamos que te decidas por un libro.


ANÍMATE A LER E FELICES VACACIÓNS!

26/06/14

Verbas de Ledicia Costas

Ledicia Costas, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, primeiras entrevistas
Ledicia Costas e o seu premio Merlín




Xa o sabedes:  Ledicia Costas recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantil por: "Escarlatina. A cociñeira defunta" 

No enlace tedes unha entrevista da autora


31/05/14

Unha novela de aventuras premiada.

César Mallorquí
  César Mallorquí  gañou primeiro o premio EDEBÉ e logo o PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2013 con este libro.

La isla de Bowen é, según explica o propio autor, "una recreación de la novela clásica de aventuras" inspirada na figura de Xulio Verne. A historia desenvólvese en 1920 e na mesma aparecen unhas extranas reliquias no interior dunha vella cripta medieval que levan ao profesor Ulises Zarco a embarcarse nunha aventura inimaxinable a bordo do buque Saint Michel, no que percorrerán Inglaterra, Noruega e outros países para afrontar o misterio que envolve a isla de Bowen, máis alá do Círculo Polar Ártico.

 O xurado considerou que esta obra é "un canto a la aventura y un homenaje a la literatura clásica, escrita con pasión, amenidad, humor e inteligencia", e destacou a "excelente construcción" dos seus personaxes e tramas.César Mallorquí conta con outros tres Premios Edebé (por El último trabajo del señor Luna, La cruz de El Dorado e Las lágrimas de Shiva) e un Gran Angular por La catedral.