Ola de novo! Outro ano máis celebramos no noso Instituto o Día do Libro. Aquí tedes algunhas das cousas que fixemos:
- Libros orfos buscan fogar: mesa de exposición de libros que non se len nos fogares e que buscan un novo dono. Trátase de poder levarse un libro sempre que se traia outro para renovar a mesa. Os libros de Orientación, expurgados da Biblioteca, son gratuitos para o alumnado de Bacharelato que o desexe, pois informan das carreiras, facultades, saídas profesionais, tec.. Despois desta semana do libro a exposición e troco continuará na Biblioteca ata final de curso.
- Exposición de marcapáxinas solidarios para a fundación Save The Children. Foron realizados polos alumnos de 1º, 3º e 4º da E.S.O. e vendéronse a 50 cts. cada un. Recaudáronse 46€ que se ingresaron na conta da O.N.G.
- Exposición das novidades mercadas para aumentar a dotación da Biblioteca. Esta vez apostouse polo mundo da banda deseñada nacional e internacional, na procura de autores e títulos de culto facilitados polo Servizo de Bibliotecas do Cefore.
Tanto no troco como na venda e exposición, feitos durante os recreos, contamos coa axuda do alumnado de 1º da E.S.O., membros do Clube de Lectura (Clubelé) neste ano académico 2012/2013.

SE CLICAS NO ENLACE VERÁS ALGUNHAS FOTOS DOS DIFERENTES ACTOS.
Fotos do Día do LIbro 2013
¡¡GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!