24/02/11

nAMORándonos unha vez máis coas palabras e a imaxe


Non é doado expresar os nosos sentimentos coa linguaxe literaria ou plástica e por iso é máis de agradecer o esforzo feito por vos ao participar no concurso. O tema do amor tende a facernos caer en tópicos, tópicos que algúns conseguiches sortear con mestría para facer algo orixinal e propio. Graciñas a todos por participar. No enlace tedes aos gañadores do concurso. Noraboa!


Concurso nAMÓRate das palabras e das imaxes


Ah! Lémbrovos que entre os panéis da entrada do instituto hai un adicado a poesía onde podedes colgar os poemas, orixináis ou dos vosos autores preferidos, con especial significación para vos.

Fotos da entrega de premios

20/02/11

A paz é o camiño...





Así ilustraron, con Pablo como guía, o poema "Irmáus" de Celso Emilio Ferreiro en 3º e 4º da ESO, dentro das actividades polo Día da Paz e a Non Violencia. Aquí o tedes:

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.

Se che gusta o poema de Celso Emilio, xa sabes que na biblioteca tedes as súas obras!

(Clica en cada foto para agrandar)

19/02/11

Clubelé: a primeira charla literaria do curso.

Hai dúas semanas, os membros do Clubelé de 1º e 2º de ESO Berea, Helena, Alicia, Paula, Aglae, Sergio y Eugenio e os profesores Conchita, Paz, Pablo e Isabel comentamos o interesante relato Los reyes de la baraja, de María García González, alumna de 4º do noso instituto.

María estivo con nós e fixémoslle moitas preguntas sobre o proceso de composición do libro e sobre o seu xeito de escribir. Foi moi interesante porque nos contou os segredos dunha auténtica escritora e, comentando ademais as obras dos seus autores preferidos, animounos a ler outros libros.

María introduciunos con esta obra no misterioso mundo da novela policíaca e gracias a ela coñecimos a Sofía, unha intelixente policía novata, e a Carlos que...

Queres saber máis?
Pois busca o relato na biblioteca do instituto. Se o les, pasarás un rato inolvidable.