14/04/10

Va de CÓMICS: De que cómic falamos?


Estes días esperamos que vos sumerxades un poco no mundo do cómic, tan amplo, variado e variable que da cabida a todo tipo de temáticas e modos de facer. No expositor do vestíbulo tedes unha pequena mostra que abranga varias épocas, temas e personaxes.

Se queredes participar no concurso, collede un cuestionario dos que están na exposición, contesta correctamente ás preguntas e deposítao na caixa correspondente. Lembrade que podedes facelo ata o 3 de maio e que o 7 do mesmo mes celebrarase no salón de actos o sorteo do premio entre os que teñan as respostas acertadas. Na exposición tedes pistas para poder resolver as cuestións e cada obxecto vai acompañado do nº da pregunta á que se refire.

E para que o teñades máis doado, nos enlaces tedes o cuestionario, por se preferides consultalo directamente no blog.

Consultade o apartado dos cómics da Biblioteca!!!

Xa sabedes: SORTE!!!


12/04/10

De "Namórate das palabras...e das imaxes", quásares e quasi estrelas

Vistos cun telescopio convencional os quásares semellan pequenas estrelas insignificantes pero, cando se lles observa cun radiotelescopio, a emisión enerxética que amosan e tan intensa que case é como se estiveramos ante unha galaxia. Ben, pois así parece que pasa con algunhas (e algúns) . Cando se vos da a oportunidade aparece o que hai no voso interior. Será polo tema do amor.
Noraboa aos gañadores do concurso NAMÓRATE DAS PALABRAS...E DAS IMAXES e seguide escribindo e debuxando. Xa sabedes, quen sabe...
No enlace tedes os nomes dos premiados e, se queredes seguir profundizando no tema amoroso, na Biblioteca hai material de abondo, tanto en palabra como en imaxe.
Ah! Se vos interesa a Astronomía... En fin, que vos pasedes pola Bilbioteca.