01/12/10

Outra vez tras a pista.


Ola! Xa nos tedes aquí de novo, dispostos a intentar picar a vosa curiosidade. Deches coa solución do misterioso preguntón de música? Aínda que curtiño, non é moi doado que digamos. Investigade pois que seguro que ao final dades coa solución.
E, que me decides do de grego?
Ah! Enlazando co mundo clásico, na biblioteca tedes un libro precioso que chegou hai pouco:
Metamorfosis de Ovidio. Ilustrado por Alan Lee, ben coñecido por traballos como Ulises e, sobre todo, por The Lord of The Rings. Se vos gusta a mitoloxía clásica, é unha ocasión inmellorable para adentrarvos nela: o caos, os deuses, as loitas entre eles, heroes...

Que disfrutedes!



14/04/10

Va de CÓMICS: De que cómic falamos?


Estes días esperamos que vos sumerxades un poco no mundo do cómic, tan amplo, variado e variable que da cabida a todo tipo de temáticas e modos de facer. No expositor do vestíbulo tedes unha pequena mostra que abranga varias épocas, temas e personaxes.

Se queredes participar no concurso, collede un cuestionario dos que están na exposición, contesta correctamente ás preguntas e deposítao na caixa correspondente. Lembrade que podedes facelo ata o 3 de maio e que o 7 do mesmo mes celebrarase no salón de actos o sorteo do premio entre os que teñan as respostas acertadas. Na exposición tedes pistas para poder resolver as cuestións e cada obxecto vai acompañado do nº da pregunta á que se refire.

E para que o teñades máis doado, nos enlaces tedes o cuestionario, por se preferides consultalo directamente no blog.

Consultade o apartado dos cómics da Biblioteca!!!

Xa sabedes: SORTE!!!


12/04/10

De "Namórate das palabras...e das imaxes", quásares e quasi estrelas

Vistos cun telescopio convencional os quásares semellan pequenas estrelas insignificantes pero, cando se lles observa cun radiotelescopio, a emisión enerxética que amosan e tan intensa que case é como se estiveramos ante unha galaxia. Ben, pois así parece que pasa con algunhas (e algúns) . Cando se vos da a oportunidade aparece o que hai no voso interior. Será polo tema do amor.
Noraboa aos gañadores do concurso NAMÓRATE DAS PALABRAS...E DAS IMAXES e seguide escribindo e debuxando. Xa sabedes, quen sabe...
No enlace tedes os nomes dos premiados e, se queredes seguir profundizando no tema amoroso, na Biblioteca hai material de abondo, tanto en palabra como en imaxe.
Ah! Se vos interesa a Astronomía... En fin, que vos pasedes pola Bilbioteca.

07/03/10

E xa están os premiados!


Tanto estar a voltas con Leonardo, a algúns se lles pegou iso do xenio e, se non, non tedes máis que mirar as puntuacións. Quen sabe se alguén de vos vaille coller tanto gusto a isto do saber que acabe sendo unha enciclopedia ambulante! Clica no enlace correspondente para ver os resultados.

NORABOA A TODOS POR PARTICIPAR E AOS PREMIADOS EN PARTICULAR!!!

26/02/10

A voltas con "Leonardo Da Vinci, el inventor".

Seguro que a estas alturas xa sabedes un montón sobre Leonardo e tedes o libro ben soaviño de tanto manexalo. E, para que demostredes o voso saber sobre este incrible home renacentista, esperamos que participedes no concurso. Lembrade que na biblioteca hai documentación dabondo sobre a súa obra. Por se tedes algunha dúbida... Ah! Pero non imitedes a Leonardo escribindo do revés. Que teñades moita sorte!

O concurso terá lugar no SALÓN DE ACTOS.

1º A e B da ESO o xoves 25 de febreiro ás 9.10.
1º C e D da ESO 0 venres 26 de febreiro ás 12.10.
Pasarán á fase seguinte os tres de cada clase que teñan maior puntuación.
Lembrade que tedes que marcar as respostas con BOLÍGRAFO.

19/01/10

Que músicos!! O das bolas e...polo monte. Solucións aos Preguntóns.

Ese compositor tan enrollado e tan considerado cos seus músicos do Preguntón da ESO foi JOSEPH HAYDN e a obra a Sinfonía n.º 45 en fa sostenido menor, Hoboken I/45, coñecida como Sinfonía de los adioses, composta en 1772.
Respecto do Preguntón de BAC., o diabólico músico que encantaba co seu violín fora NICCOLÒ PAGANINI, ao que JOSEPH GELINEK adicou o seu libro "EL VIOLIN DEL DIABLO" publicado por Plaza &Janes. Entre as citas que aparecen no principio do libro hai unha do mesmo Paganini: "No soy bien parecido, pero cuando las mujeres me escuchan tocar, se arrastran a mis pies." E parece ser que era certo.


Lembrades o problema das bolas que elaborou o Departamento de Matemáticas? Tiñades que averiguar o nº mínimo de pesadas que había que facer para nun grupo de nove bolas dar coa única con burato. Pois ben, para conseguilo hai que realizar UN MÍNIMO DE TRES PESADAS. É doado ver que se o nº de bolas é múltiplo de 3, unha soa pesada permite localizar a bola nun dos tres montóns A, B e C, necesitando cada caso 1/3 das canicas iniciais.
Comparando por exemplo A e B:
Se A>B, a canica furada está en B.
Se B>A, a canica furada está en A.
Se A=B, a canica furada está en C.

E o máxico monte de granito rosa considerado como morada dos deuses polos celtas, cunha historia chea de lendas, ritos e cultos paganos do preguntón do Departamento de Xeografía e Historia era o MONTE PINDO situado ás costas da praia de Carnota, nunha zona atacada frecuentemente polos vikingos durante a Idade Media.


Ah! E se queredes aumentar o voso saber matemático, lembrade que hai libros da materia no armario correspondente á área en cuestión e, se vos da por querer saber mas de lendas, mitoloxía, vikingos...e demais pois, xa xabedes: á biblioteca!