24/11/09

ÁGORA (Concurso para hipatiomaníacos)

Despois de disfrutar coa película, tivemos a idea de afondar un pouco máis nos diversos temas e conflitos que se expoñen nela. Algúns, como xa poidestes comprobar, seguen a estar presentes neste tempo e neste espazo onde nos tocou vivir.

O concurso consta de tres partes. Unha común obrigatoria (A PELÍCULA) e outras dúas diferenciadas (A e B) optativas. Podedes optar pola A, pola B, ou polas dúas e resolver así o cuestionario completo.

As solucións ás preguntas entregaranse ata o venres 15 de xaneiro, por escrito, facendo constar o nome, apelidos, curso e grupo. Na entrada do instituto está a caixa onde tedes que depositar as respostas: nela está o nome do concurso, ÁGORA. Lembra que nas respostas debe aparecer claramente o nome da parte (Común, A e/ou B) na que participes e o nº das preguntas. (Pulsa no enlace e xa sabes que podes imprimir, copiar, pegar...)

Dámoslles as grazas aos profes dos diferentes departamentos que axudáronnos a elaborar os cuestionarios.

¡ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!

Biblioconcurso: O preguntón

Infórmate nos carteis que hai polo Instituto e participa

20/11/09

O Boletín Informativo da Biblioteca


Para que vos sexa máis doado acceder aos fondos da biblioteca, publicaremos  un boletíns informativos que, ademais de presentarvos os novos libros, vos informen sobre os fondos que haxa na biblioteca respecto dun tema en concreto. Como andamos metidos na literatura gótica, no primeiro Boletín tedes una selección de obras que podedes atopar na Biblioteca (algúns adquiríronse recentemente) sobre este tema. Buscade o Boletín na Biblioteca, no espazo adicado á lectura da entrada...e xa nos enlaces deste blog!

10/11/09

Solución ao Preguntón de outubro



NINGUÉN É ODISEO OU ULISES

Seguro que moitos coñecedes as aventuras de Odiseo, Ulises para os romanos, o protagonista da Odisea, esa obra fantástica e entretida coma un libro de aventuras, escrita polo poeta grego (heleno, como se chamaría a se mesmo) Homero.

Pois ben, unha desas aventuras é a que lle sucede a Odiseo máis aos seus homes co cíclope Polifemo, xigante dun só ollo que habita nunha cova da illa á que fóron parar. Despois de que Polifemo se comera a dous dos navegantes, Odiseo decide pasar a acción e, para levar a cabo o seu plan, dille que o seu nome é NINGUÉN. Entón...Ah!, xa está ben. Se queres seguir a continuación da historia busca na biblioteca, no armario de grego. Alí, a parte da obra íntegra, tes unhas moi boas adaptacións que se len fácilmente e que están profusamente ilustradas ( na da imaxe as ilustracións son de Alan Lee, o que ilustrou El Señor de los Anillos da editorial Minotauro). Tamén podes atopar información en internet con este enlace:


http://www.elhuevodechocolate.com/mitos/odisea1.htm

05/11/09

Hipatia

Se queredes coñecer aspectos desta incrible muller tedes na entrada un panel adicado a ela. Xa sabedes que a película Ágora de Alejandro Amenábar está baseada na súa vida e obra encadradas nos importantes acontementos históricos que lle tocou vivir e, aínda que moitos de vos xa a viches, ao mellor queredes profundizar algo máis nesta personaxe auténtica e maravillosa. No panel de cine tedes tamén a estupenda crítica que fixo Marga V. Zegrí. Pulsade nos enlaces se queredes ver un pequeno trailer da película.
Vos tamén podedes recomendar películas, facer críticas cinematográficas etc., no panel De Cine ou neste blog. Animádevos!

http://www.youtube.com/watch?v=-WSU-hh2j2g

http://www.youtube.com/watch?v=w91vlVrjwm0&feature=player_embedded

O espazo adicado á lectura


Coñeces o espazo para ler situado na entrada do instituto? Alí podes estar no teu tempo libre lendo libros, revistas, comics, folletos informativos, periódicos... Como o seu nome indica é un espazo para disfrutar dun ratiño de tranquilidade e descanso xunto cos textos escritos. Xa sabes que hai quen di que un libro é o mellor amigo. E, como o sitio non é moi grande (pulsade na foto para aumentar a imaxe), hai que procurar mantelo o máis ordeado posible polo que non debes facer outras cousas fora de ler (comer, etc.). Se queres aportar material (libros, revistas, comics), ponte en contacto con Yolanda ou Conchita. Será ben recibido. Que o disfrutes.

01/11/09

Literatura gótica

Estades interesados nos libros"góticos"? Se queredes obter ou dar información sobre este tema utilizade os paneis informativos situados preto do Espazo para a Lectura da entrada. Alí atoparedes datos sobre a qué chamamos literatura gótica, reseñas de libros, etc. Aparte de consultar, podedes engadir cousas que os parezan de interese sobre o tema ou, se o preferides, realizar ás vosas aportacións no apartado adicado aos comentarios desta entrada do blog.
Lembrade que na biblioteca hai varias obras adicadas a este tema.
¡Sede terroríficos (aínda que dentro dunha orde)!