- O concurso consistirá en responder unha ou dúas preguntas que cada mes presentarán os distintos departamentos do IES Beade.
- As preguntas versarán sobre temas relacionados coas materias que se estudan no Centro e terán sempre respostas breves e concisas.
- As preguntas, expostas no seu taboleiro do vestíbulo, deberán ser contestadas nun prazo que se determinará previamente.
- Poderán participar todos os alumnos matriculados no Centro durante o curso 2010/2011.
- Os participantes depositarán as súas respostas, xunto co seu nome e curso, na caixa da entrada do Centro.
- O xurado estará composto polo Xefe do Departamento correspondente e membros do Club Lector.
- Establécense un 1º, un 2º, e un 3º premios que se entregarán ao final do curso. Os gañadores serán os participantes que máis respostas teñan acertadas ao longo do curso; os socios do Clubelé obterán, ademais, dous bibliopuntos que se lles computarán no seu carné.
12/02/09
O preguntón: bases
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)