14/03/26

8M

Velaquí unhas fotos da interesantísima actividade do alumnado de 1º ESO sobre o refraneiro popular. Analizar estes refráns axúdanos a comprender como a cultura popular tamén pode perpetuar estereotipos e desigualdades, e a revisalos criticamente para construír unha linguaxe igualitaria. 💜💜





QUEREMOS GALEGO!


 

CERTAME DE REGUEIFAS

 Parabéns ás valentes Noa, Lía, Lucía, Xaime, Naia, Idaira, Xoana e Asier!👏👏👏

Grazas a Pinto e Caruncho. Por moitos máis anos regueifando en galego!💙💙




 

11/03/26

UNHA VIDA PARA COMPARTIR

 Este luns visitounos María, a avoa de Naiara. Foi unha enriquecedora visita na que compartiu co alumnado de 1º ESO C as súas experiencias como muller da súa época, chea de humor, de consellos e de reincindicacións feministas. 💜💪💪




Grazas pola túa visita, María!! 💜💜
 

UNHA CHEA DE LIBROS PARA CONMEMORAR O 8M

 

Pásate pola biblio! Estas lecturas (e moitas máis) están agardando...

08/03/26

SEMANA DO 2 AO 6 DE MARZO

Esta semana tivemos un obradoiro titulado "Falemos de sexo sen tabús" da man de Crisitna, de @prismaigualdad, para o alumnado de 3º ESO.

 



 

Ademais, co gallo do Día Internacional da Muller, propoñemos a todo o alumnado participar no concurso "Adiviña o ano...". Recordade que se acertades os anos dos diferentes logros feministas en Europa, teredes un premio asegurado! 💜💜💜💜




E informámosvos de que a xuntanza do club de lectura para adultas queda adiada por cuestións persoais da autora, polo que tedes uns días máis para rematar a lectura do libro "Asasinato na casa Rosa", de Arantxa Portabales. En breve, compartiremos con vós as novas datas, estade atentas!

 

E xa para rematar, un recordatorio de cara á semana que comeza: o xoves á 1ª hora desfrutaremos da hora de ler. Non esquezades as vosas lecturas.👀👀

 

01/03/26

E ESTA SEMANA...

 

 

Festexamos o día de Rosalía. O noso xardín poético foi medrando día a día durante a semana grazas ao alumnado de 1º e 2º de ESO.


Ademais, tivemos o último obradoiro de regueifas co alumnado de 1º ESO. Vémonos o vindeiro 11 de marzo en Valadares. A regueifa será nosa! 👌