21/12/16

Biblioteca "Ledicia Costas"


O martes 20 de decembro estreamos o novo nome da nosa Bilbioteca: "Ledicia Costas" cun acto homenaxe ao que asitiu a autora.

Despois dunha breve reunión co alumnado do club de lectura para comentar o seu libro Esmeraldina, a pequena defunta, Ledicia presidiu no salón de actos a homenaxe, onde, ademais de música, escoitamos os agarimosos comentarios das alumnas e alumnos do centro que leran os seus libros. E tamén as amables palabra que a autora tivo para co noso centro.

Moitas grazas, Ledicia, por as túas palabras e os teus libros!



30/11/16

Semana da Ciencia 2016

Como é tradicional, inaguramos as actividades da Biblioteca  na semana da ciencia, a mediados de novembro.
Durante eses días temos exposto no vestíbulo do centro algúns dos exemplares relacionados coa ciencia que temos na nosa biblioteca:

CIENCIA FICCIÓN, NOVELA CIENTÍFICA, DIVULGACIÓN, EXPERIMENTOS CASEIROS...

Neste ano tiñamos como novidades destacadas os libros "´Matemáticas e Fútbol",  e "Os tres primeiros minutos do Universo", un libro clásico que conta como empezou o Universo segundo a Teoría do Big-Bang

Se te interesan temas como a evolución, os buracos negros, ou queres averiguar que relación hai entre a ciencia e no cine, non dubides en pasarte pola Bilbioteca e preguntar ás bibliotecarias ou axudantes onde atopar eses libros...


Ademais, coa colaboración dos departamentos de Plástica e Ciencias Sociais fixemos unha Rosa dos Ventos, que quedará indefinidamente no vestíbulo do centro. Xa sabes, para que non perdas o Norte...


30/06/16

Visita de Anxo Fariña

CLUBELÉ DO IES BEADE
Xuño 2016

OS MEGATOXOS (Anxo Fariña)




O pasado martes día sete de xuño visitou o noso centro o escritor e debuxante Anxo Fariña, autor dos Megatoxos. Nunha charla moi distendida e interesante falounos das súas viaxes polo Xapón e os membros do club de lectura tiveron a oportunidade de preguntarlle sobre os heroes das súas historias.
A lectura que levabamos nesta ocasión eran os cinco libros dos Megatoxos, unha saga xuvenil galega. Os protagonistas son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo.
O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase.
Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...

Os libros da saga son:

Os Megatoxos e o aprendiz de druída









Moi ao noso pesar rematamos esta xuntanza (Anxo tiña moito máis por nos contar pero o tempo pasa ás présas) e desfrutamos dunha doce despedida das actividades do club de lectura por este ano, con bombóns e foto de grupo:






29/05/16

Certame Fotoliterario "Cazadores de Libros"

A Feira do Libro de Madrid organiza un certame parecido á nosa exposición "O Clubelé recomenda": trátase de facerse  un "selfie" orixinal cun libro.

O prazo remata o 12 de xuño. As bases e procedemento de envío podes atopalos aquí 








Letras galegas 2016


Este ano o día das letras galegas estivo dedicado ao poeta Manuel María. O alumnado de 1º de ESO recordou ao homenaxeado cunha exposición de poemas decorados da que todos puidemos gozar.

Esperamos que vos guste tamén a montaxe que fixemos a partir do seu traballo.






03/05/16

Día do libro

Neste ano 2016 conmemóranse conxuntamente o 400 aniversario das mortes de Cervantes e Shakespeare.



O noso pequeno granito de arena a estas conmemoracións consistiu nunha serie de exposición de traballos feitos por alumnos de 1º, 2º e 4º de ESO e do Club de Lectura.



















Tamén tivemos os xa tradicionais postos de intercambio de libros e venda de marcapáxinas solidarios.







Feliz Día do Libro a todas e todos!

17/02/16

San Valentín: TUNNEL OF LOVE

O Tunnel of love é unha atracción típica das ferias americanas. É unha versión romántica (bastante hortera, por certo, como podedes ver nas imaxes...) do típico "tunel do terror". As parellas entran no tunel nunha barquiña e saen polo outro lado...





Hai dúas cancións de pop-rock dos oitenta que titúlanse tunnel of love, unha de Bruce Springsteen e outra de Dire Straits 





Para conmemorar a data de San Valentín, fixemos o noso propio Tunnel of LOVE, cheo de poemas e cancións de amor seleccionados e decorados por alumnas e alumnos do centro. Noraboa sobre todo as rapazas e rapaces de 4º de ESO que fixeron un gran traballo!


ANIMADEVOS, ENTRADE E LEDE! 








26/01/16

O tunel de Beowulf



Coa sempre inestimable colaboración do departamento de Educación Plástica, o alumnado de Literatura Universal de 1º bacharelato e a súa profesora traballaron cunha magnífica novela gráfica sobre o mito anglosaxón de BEOWULF.

Seleccionaron as súas imaxes preferidas acompañadas dun pequeno texto coa importancia deste poema mítico na literatura universal.












Se queredes saber máis sobre el, xa sabedes: vide á Biblioteca e coller un dos dous exemplares que temos!

21/01/16

Visita á biblioteca Juan Compañel do alumnado do clubelé



O 10 de xaneiro o alumnado do Club de Lectura visitou as instalacións da Biblioteca Juan Compañel, no Casco Vello de Vigo. Alí fixeron varios xogos de animación á lectura e disfrutaron da cercanía dos libros.