05/10/11

Benvidos!!!


Ola de novo! Xa sabemos que o principio de curso é duro e que custa adaptarse outra vez á dinámica do estudio e traballo pero, que mellor compañeiro que un libro? Aquí estamos de novo para intentar que sexa posible aquelo de "un libro, un amigo".
Imaxinamos que moitos de vos xa coñecedes a Biblioteca Central de Vigo e que algúns sodes usuarios habituais. Ben, pois este curso intentaremos estreitar o contacto con ela para que intensifiquedes a vosa relación os que xa a tedes e para que ese mundo marabilloso dos libros se abra aos que non teñades moito hábito niso da lectura.
Nos enlaces de abaixo tedes as dúas partes do tríptico de información da sección infantil e xuvenil e nos "Sitios recomendados" tedes o enlace coa propia web da Biblioteca para que atopedes tódala información necesaria.


24/02/11

nAMORándonos unha vez máis coas palabras e a imaxe


Non é doado expresar os nosos sentimentos coa linguaxe literaria ou plástica e por iso é máis de agradecer o esforzo feito por vos ao participar no concurso. O tema do amor tende a facernos caer en tópicos, tópicos que algúns conseguiches sortear con mestría para facer algo orixinal e propio. Graciñas a todos por participar. No enlace tedes aos gañadores do concurso. Noraboa!


Concurso nAMÓRate das palabras e das imaxes


Ah! Lémbrovos que entre os panéis da entrada do instituto hai un adicado a poesía onde podedes colgar os poemas, orixináis ou dos vosos autores preferidos, con especial significación para vos.

Fotos da entrega de premios

20/02/11

A paz é o camiño...





Así ilustraron, con Pablo como guía, o poema "Irmáus" de Celso Emilio Ferreiro en 3º e 4º da ESO, dentro das actividades polo Día da Paz e a Non Violencia. Aquí o tedes:

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.

Se che gusta o poema de Celso Emilio, xa sabes que na biblioteca tedes as súas obras!

(Clica en cada foto para agrandar)

19/02/11

Clubelé: a primeira charla literaria do curso.

Hai dúas semanas, os membros do Clubelé de 1º e 2º de ESO Berea, Helena, Alicia, Paula, Aglae, Sergio y Eugenio e os profesores Conchita, Paz, Pablo e Isabel comentamos o interesante relato Los reyes de la baraja, de María García González, alumna de 4º do noso instituto.

María estivo con nós e fixémoslle moitas preguntas sobre o proceso de composición do libro e sobre o seu xeito de escribir. Foi moi interesante porque nos contou os segredos dunha auténtica escritora e, comentando ademais as obras dos seus autores preferidos, animounos a ler outros libros.

María introduciunos con esta obra no misterioso mundo da novela policíaca e gracias a ela coñecimos a Sofía, unha intelixente policía novata, e a Carlos que...

Queres saber máis?
Pois busca o relato na biblioteca do instituto. Se o les, pasarás un rato inolvidable.

26/01/11

De preguntóns e demais


Contan que o dramaturgo heleno Esquilo, morreu a causa do impacto que lle proporcionou na cabeza un caparazón de tartaruga lanzado por un quebantaosos. Esta explicación sobre a súa morte pode entrar dentro da lenda pero, a vida deste ateniense, guerreiro loitador en batallas tan míticas como as de Maratón ou Salamina e verdadeiro pai do teatro grego, xa é unha lenda por se mesma. Na biblioteca están as súas obras.
Sabedes que a música era fundamental nas representacións teatrais gregas?



E que sería da música sen a súa antítese, o silencio? Pois xa tedes a resposta ao preguntón: tan importante é o son como a ausencia do mesmo na composicón musical!







Deixemos as cousas inmateriais e imos ao puramente material. O preguntón de economía estaba claro: o diñeiro de papel só ten valor nominal. Se queimades o voso non mermaría a riqueza do país pero...vos seguro que vades ser máis pobres!



(Mafalda tamén está na biblioteca!)